selecciona as túas entradas
Descripción do evento
Santiago Fernández, ilusionista, mentalista e humorista arxentino de 24 anos, neto de salcedenses, chega por primeira vez a Galicia para presentar o seu espectáculo “La Magia de una Sonrisa”. Un show co que xirou por varios teatros importantes de Bos Aires, combinando maxia, emoción e moito humor.
Será unha noite especial de maxia, humor e mentalismo con fin solidario: a recadación íntegra destinarase a Aceesca, Asociación de apoio a persoas con diversidade intelectual de O Porriño, para o seu proxecto de vivenda “Miña casa, miña comunidade”.
Con máis de unha hora de espectáculo e participación do público, Santiago ofrece unha experiencia pensada para todos os públicos, cun estilo fresco e persoal que conquistou á crítica e aos espectadores en América Latina.
Unha oportunidade única para sorrir, sorprenderse e colaborar cunha causa que importa.
¡Non o perdas!
Política de acceso